Durante esta semana, imos facer os últimos repasos da unidade 4.
Completaremos a revisión das páxinas 35 e 36 do Activity Book, facendo as actividades 22 (sen cubrir as casiñas, porque para iso necesitariades o audio), 23, 24 e 25. Rematamos coas pegatinas (só as da unidade 4), que hai que pegar na páxina 65 do mesmo libro.
Quen non teña o Activity Book na casa, pode coller as fichas de aquí, e no caso das pegatinas, podedes completar debuxando ou facendo recortes de folletos de supermercado, por exemplo, porque estades dando a comida.
Xa sabedes, podedes envialo despois ao correo tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia.
Un saúdo, moita forza!!!
Natalia
No hay comentarios:
Publicar un comentario