viernes, 17 de abril de 2020

ACCESO AO LIBRO DIXITAL - 3º E.P.


ACCESO AO LIBRO DIXITAL - 4º E.P.


SOLUCIÓNS ACTIVIDADES DÍA 15/04/2020 - 4º E.P.

Boas!! Déixovos as correccións das actividades propostas o día 15, que vaian revisando e poñendo ticks, como facemos no cole.
Sigo intentando colgar o vídeo coas explicacións para acceder ao libro dixital. 
Un saúdo, bo finde!

SOLUCIÓN ACTIVIDADES 15/04/2020 - 3ºE.P.


Boas!! Aquí vos deixo as solucións desta semana para o alumnado de 3º. Sigo intentando poder colgar o video coas instrucións para entrar no libro dixital. 
Un saúdo, bo finde!

Traballo para 2º

Bos días!
Hoxe tocanos Story Time!
O primeiro que imos facer é volver a ver o video dos heath problems para repasar.
Health problems
Antes de ver o vídeo do conto que miren os debuxos da historia no libro e fagan predicción sobre o que pode pasar.
Agora que vexan a historia.
Cando rematen que expliquen coas súas palabras o que pasou.
Os que teñan o Activity Book na casa que fagan a páxina 42. Outra opción é facer un debuxo e escribir as enfermidades que coñecen. que coñecen.
Moita saúde a tod@s!
María.

CORRECCIÓNS TAREFAS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA


CORRECCIÓNS TAREFAS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA


jueves, 16 de abril de 2020

TAREFA 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Pupil´s Book page 45: activities 4, 5, 6 and 7. Read the activities and answer orally.
Activity Book page 45: activities 4 and 5.

Lembrade que tedes o acceso aos audios na páxina https://www.macmillaneducationeverywhere.com/ 

Mañá colgarei as correccións.

Un saúdo.


Traballo para 1º

Bos días!
Hoxe tocanos Story Time!
Antes de ver o vídeo do conto que miren os debuxos da historia no libro e fagan predicción sobre o que pode pasar.
Agora que vexan a historia.



Cando rematen que expliquen coas súas palabras o que pasou.
Os que teñan o Activity Book na casa que fagan a páxina 42. Outra opción é facer un debuxo e escribir os animais que coñecen.
Moita saúde a tod@s!
María



miércoles, 15 de abril de 2020

TAREFA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Boas de novo!!
Imos empezar a traballar un pouquiño o vocabulario da unidade 5. Para isto, volvo recomendarvos que empreguedes o libro dixital co usuario e contrasinal que publiquei no blog o 27 de marzo, e que tamén vos facilitei o luns por Abalar.
- Primeiro, temos que ler (e escoitar os que usen o libro dixital) os audios da actividade de introducción (listen, read and look) e a canción do vocabulario (Tiger Street Word Rap) da páxina 37 do Pupils Book.
- A continuación, facemos os exercicios 1,2 e 3 da páxina 37 do Activity Book, que é a que aparece a continuación. Non é necesario imprimila, poden vela e ir escribindo as solucións nun folio ou caderno.

IMPORTANTE: a partires de agora, non enviedes o traballo ao correo, vou publicar as solucións o venres e xa o van correxindo.

Un saúdo e moito ánimo!


TAREFA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA

Boas a todos!!!
Imos empezar a traballar un pouquiño o vocabulario da unidade 5. Aconséllovos de novo que empreguedes o libro dixital e as credenciais que publiquei no blog o 27 de marzo e que vos enviei por mensaxe en Abalar o luns.
- Primeiro, deben ler e escoitar (se empregan o libro dixital) os audios da introducción (listen, read and look), e a canción do exercicio 1 (Tiger Street Word Rap) da páxina 37 do Pupils Book.
- Despois, deben facer os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 37 do Activity Book. Para facer o exercicio 2, necesitan escoitar o audio que podedes ver debaixo da páxina do Activity Book.

IMPORTANTE: a partires de agora, non enviedes o traballo. Vou colgar as solucións os venres para que sexa o alumnado quen vaia correxindo. Non é necesario imprimir o traballo, poden ir facéndoo en folios ou nun caderno.

Un saúdo, moito ánimo!



Traballo para 2º

Bos días! Hoxe poñemos traballo para os de 2º. Empezamos a unidade 5 que é sobre saúde e enfermidade (un tema moi de moda nos tempos que corren).
 Faremos (se é posible) a páxina 51 do Pupil´s Book e a 41 do Activity Book. Se non tendes os libros na casa podedes entrar co código que puxen onte no libro dixital.
 Na páxina 51 imos coñecer o vocabulario desta unidade.
Deixo un enlace a un video de presentación do vocabulario: Health problems vocabulary.
É importante que se vaian quedando coa pregunta: What´s the matter? e coas respostas: I´ve got...

Deixo os audios desta páxina:

Cando acaben de ver o vídeo e de oir os audios poden ir o final do libro e pegar as pegatinas. Aqueles que teñan o Activity Book na casa poden facer a páxina 41.
Importante!! Non me mandedes o resultado. Colgarei eu as respostas no caso de que houbese cousas para correxir.
Moita saúde a tod@s!
María.

martes, 14 de abril de 2020

Libros dixitais para 5º e 6º

Aquí van tamén os libros dixitais para 5º e 6º para que poidades visualizar o libro, escoitar os audios e ver os vídeos. Lembrade que é MOI IMPORTANTE NON CAMBIAR NIN O USUARIO NIN A CONTRASEÑA, xa que é común para todos/as.


Libros dixitais para 1º e 2º

Boas de novo!
Creo que hai nenos e nenas que non teñen na casa os libros. Deixovos unha licencias para os libros dixitais.
No cadro xa vos vai explicado como facer.
CURSO
ACCEDER DESDE
USER
PASSWORD
COVTIGER1
MACMILLAN2020
COVTIGER2
MACMILLAN2020


MOI IMPORTANTE!!! NON CAMBIAR O USER E O PASSWORD
Temos un só usuario e unha soa clave para tod@s polo que se cambiades o datos o resto dos compañeiros quedanse sin acceso. Podedes acceder sempre que queirades e as veces que queirades.
Escoitar os listening, ver os videos, facer os exercicios...
Recordade que soamente é para seguir en contacto coa lingua, nestes momentos o máis importante é a saúde e non agobiarnos coas tarefas escolares.
Calquera dúbida que teñades poñedevos en contacto comigo.
Moita saúde para tod@s!
María

Tarefas para 5º e 6º E. Primaria

Good morning and welcome again! Hoxe comezaremos a Unidade 5: Pupil´s Book page 44, Activity Book page 44: activities 1, 2 and 3.

Traballo para 1º

Bos días!
Hoxe empezamos a unidade 5 do libro.
Os nenos teñen que facer as páxinas 51 do Pupil´s Book e a 41 do Activity Book.
Na páxina 51 imos coñecer o vocabulario novo.
Mirade este video para coñecer o vocabulario novo: Animals vocabulary

Escoitade o listening e a Tiger e señalade as palabras novas:


 Ide ao final do libro e poñede as pegatinas dos animais e por último facede a páxina 41 do Activity Book.

Importante: Non mandedes o resultado. Irei colagando eu as respostas.
Moita saúde para tod@s!
María.

Macmillan story corner

Bos días!
Dende hoxe e ata o próximo día 30 de abril retómase o Story corner de Macmillan. Todos os días as 11.00 colgarán un conto con actividades que estará dispoñible para ver en calquera momento.


The very hungry caterpillar.

Con un día de retraso porque onte aínda non había cole.
Hoxe ensinamoslles @s nen@s a foto do caterpillar para que o vaian coñecendo e decimoslles "The caterpillar is very hungry" facendo xestos para que entendan que ten fame.
Repasamos con cancións os números, as cores, os días da semana e as froitas. 
Deixo os enlaces, podedes escoitalas as veces que queirades, acompañalas de xestos se é posible... Nalgúnhas hai que repetir parte da canción.