miércoles, 15 de abril de 2020

TAREFA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Boas de novo!!
Imos empezar a traballar un pouquiño o vocabulario da unidade 5. Para isto, volvo recomendarvos que empreguedes o libro dixital co usuario e contrasinal que publiquei no blog o 27 de marzo, e que tamén vos facilitei o luns por Abalar.
- Primeiro, temos que ler (e escoitar os que usen o libro dixital) os audios da actividade de introducción (listen, read and look) e a canción do vocabulario (Tiger Street Word Rap) da páxina 37 do Pupils Book.
- A continuación, facemos os exercicios 1,2 e 3 da páxina 37 do Activity Book, que é a que aparece a continuación. Non é necesario imprimila, poden vela e ir escribindo as solucións nun folio ou caderno.

IMPORTANTE: a partires de agora, non enviedes o traballo ao correo, vou publicar as solucións o venres e xa o van correxindo.

Un saúdo e moito ánimo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario