miércoles, 15 de abril de 2020

Traballo para 2º

Bos días! Hoxe poñemos traballo para os de 2º. Empezamos a unidade 5 que é sobre saúde e enfermidade (un tema moi de moda nos tempos que corren).
 Faremos (se é posible) a páxina 51 do Pupil´s Book e a 41 do Activity Book. Se non tendes os libros na casa podedes entrar co código que puxen onte no libro dixital.
 Na páxina 51 imos coñecer o vocabulario desta unidade.
Deixo un enlace a un video de presentación do vocabulario: Health problems vocabulary.
É importante que se vaian quedando coa pregunta: What´s the matter? e coas respostas: I´ve got...

Deixo os audios desta páxina:

Cando acaben de ver o vídeo e de oir os audios poden ir o final do libro e pegar as pegatinas. Aqueles que teñan o Activity Book na casa poden facer a páxina 41.
Importante!! Non me mandedes o resultado. Colgarei eu as respostas no caso de que houbese cousas para correxir.
Moita saúde a tod@s!
María.

No hay comentarios:

Publicar un comentario