jueves, 2 de abril de 2020

ACTIVIDADE INTERACTIVA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Boa tarde!!! Propoño esta actividade interactiva para que o alumnado de 4º revise e amplíe o vocabulario relacionado cos oficios, que estaban dando no tema 4. Teñen que arrastrar as palabras ao recadro correcto. Ao rematar, poden elexir a opción de enviar as respostas á profe, ao correo tigerocoto@gmail, xa vos da o xogo a opción. Agradecería a vosa colaboración, estou probando estas actividades para ver se as podemos seguir empregando. Cando o enviedes, por favor facede constar o voso curso e nome completo.

Graciñas, moito ánimo, 

Natalia
Jobs

LISTENING 3º EDUCACIÓN PRIMARIA

Boas!!!
Deixo este listening para que @s alumns@ de 3º respondan. Ao rematar, que lle dean á opción de enviar as respostas á profe, e poñan o enderezo de correo tigerocoto@gmail.com. É unha proba para ver se funciona, así que agradezo a vosa participación para que poidamos propoñer máis actividades deste tipo. Por favor, cando o enviedes, é moi importante que fagades constar o voso curso e nome completo. Graciñas a tod@s,

Natalia

"WH WORKSHEET" para 5º e 6º de Educación Primaria

Ola de novo, despois deste vídeo explicativo das partículas interrogativas, déixovos unha ficha para practicar. Ide facéndoa e mañá colgarei a autocorrección.
Non fagades trampa!


Question Words in English para 5º e 6º de Educación Primaria

miércoles, 1 de abril de 2020

TAREFA PARA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola a todos/as:
Hoxe, comezando abril, celébrase o Día dos Inocentes no Reino Unido, por iso os alumnos/as de 6º iremos á páxina 76 do Pupil´s Book ("April Fool´s Day in England and the UK"), onde se nos explica un pouquiño sobre esta celebración. Lemos, copiamos as preguntas do cadro vermello nun folio e escribimos as respostas.
Lemos tamén o texto de arriba, na mesma páxina: "St. Patrick´s Day in Ireland", tamén copiamos as preguntas nun folio e escribimos as respostas.

Un saúdo e moita saúde para todos/as.


martes, 31 de marzo de 2020

TRABALLO 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Esta semana, o alumnado de 4º vai rematar os repasos da unidade 4. Faremos, das páxinas 35 e 36 do Activity Book, as actividades 22, 23, 24 e 25. Rematamos pegando as pegatinas (só as da unidade 4) na páxina 65 do mesmo libro.
Quen non teña o Activity Book na casa, pode coller as fichas de aquí, e no caso das pegatinas, podedes completar facendo debuxos. 
Podedes envialas para que eu poida velas ao correo tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia.

Moito ánimo e forza!!!

Natalia



TRABALLO 3º EDUCACIÓN PRIMARIA

Durante esta semana, imos facer os últimos repasos da unidade 4. 
Completaremos a revisión das páxinas 35 e 36 do Activity Book, facendo as actividades 22 (sen cubrir as casiñas, porque para iso necesitariades o audio), 23, 24 e 25. Rematamos coas pegatinas (só as da unidade 4), que hai que pegar na páxina 65 do mesmo libro.
Quen non teña o Activity Book na casa, pode coller as fichas de aquí, e no caso das pegatinas, podedes completar debuxando ou facendo recortes de folletos de supermercado, por exemplo, porque estades dando a comida.
Xa sabedes, podedes envialo despois ao correo tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia.

Un saúdo, moita forza!!!

Natalia



"REVIEW" para 5º e 6º de Educación Primaria



"READING" para 5º e 6º de Educación Primaria



lunes, 30 de marzo de 2020

Easter 1º e 2º de Primaria.

Dende que estamos na casa xa chegou a primavera e agora case sen nos dar conta xa non queda nada para a Pascua.
Deixo unhas actividades para @s nen@s de 1º e 2º.
1.- Online games:

2.- Song:

3.- Craft: (no enlace está o modelo)

Xa pronto chegan as vacacións. Despois da Semana Santa empezarei a colgar as actividades da unidade 5 dos vosos libros.
Calquera cousa que queirades preguntar escribide a tigerocoto@edu.xunta.es a atención de María.
Moita saúde a tod@s!
Vémonos en nada!
María.