jueves, 30 de abril de 2020

4º EP - SOLUCIÓNS TAREFAS 27 -30 ABRIL

Bo día!!
Aquí tedes as solucións ás tarefas desta semana. Espero que non vos resultaran complicadas. Gustaríame coñecer as vosas impresións e as dificultades que puidestes atopar. Podedes aportalas ao final desta entrada, onde pon publicar un comentario. Estaría moi agradecida.

READING COMPREHENSION - Monday 27th



LIKE, LOVE, HATE - Wednesday 29th

As 10 oracións que formástedes deben comezar dunha destas tres formas:

I like
I don't like
I love

E logo continuar co vocabulario da unidade 5: 

reading comics - collecting stickers - taking photos - talking to friends - going to museums - painting pictures - rollerskating - using the computer - dancing - shopping

Ata o próximo martes non vou volver colgar nada, este venres non é lectivo e o luns concedéronllo como non lectivo tamén ao noso cole, pero seguirei dispoñible no correo tigerocoto@gmail.com.
Moito ánimo, xa queda menos!!1

3º EP - SOLUCIÓNS TAREFAS 27-30 ABRIL

Bo día!!! 
Velaquí as solucións ás actividades do luns e do mércores. Espero que vos saíran ben. Gustaríame saber se estades atopando moito problema para resolvelas. Aquí ó final desta entrada hai un apartado que pon publicar un comentario. Podedes aportar os vosos puntos de vista, estaría moi agradecida.
Ata o martes xa non vou colgar nada, venres non é lectivo, e o luns déronllo libre ao noso centro, pero teredes igualmente dous días de tarefas, que serán martes e xoves. Estarei dispoñible no correo tigerocoto@gmail.com.
Apertas, e moito ánimo, xa queda menos!!!

READING COMPREHENSION - Monday 27th



WORKSHEET - HOURS - Wednesday 29th

TRABALLO 1º 30-ABRIL-2020

Boas!
Hoxe seguimos co vocabulario novo. Imos facer tres actividades.
Actividade 1: Volvemos a ver o video "How we move".
Actividade 2:Facemos a actividade 13da páxina 57. Escoitamos 3 veces e completamos nos cadrados con números do 2-6. Deixo o listening no enlace. Listen, number and repeat.
Agora escoitamos a canción.A frog can jump Song
Nos círculos poñemos un tick nas actividades que nos tamén sabemos facer. Sería bo que fosen decindo: I can run, I can climb, I can walk, I can jump, I can swim.
Actividade 3: Facemos a páxina 45 do activity book.

Agora imos disfrutar duns días de ponte. Disfrutade dos paseiños. O martes máis e tamén colgarei as correccións desta semana.


CORRECCIÓNS 6º E.P. (27-30 ABRIL)


Que pasedes unha boa ponte e "Feliz Día da Nai"

CORRECCIÓNS 5º E.P. (27-30 ABRIL)

Que pasedes unha boa ponte e "Feliz Día da Nai"

miércoles, 29 de abril de 2020

TAREFA 4ºEP

Bo día!!! 
Imos tentar avanzar un pouquiño, pero moi lentamente, de tal forma que eu vos poida axudar se vos xurden dúbidas.
Imos ver cómo se forman oracións cos verbos "love", "like" e "hate" (verbos que nos serven para falar dos nosos gustos) seguidos de verbo, como para dicir "Encántame sacar fotos". O verbo "sacar", que sería sobre o que eu expreso a miña opinión, tería que estar rematado en -ing, e quedaría así = "I love taking photos."

- Ímolo ver explicado dunha forma máis divertida neste vídeo

 

-Ó final do vídeo proponse un exercicio que NON tedes que facer. En cambio, quero que formedes oracións sobre vós mesmos empregando o vocabulario da unidade 5 (está na páxina 37 do vosos libros), seguindo este exemplo: "I love reading comics". En total, todos debedes ter 10 oracións dicindo se vos encanta (love), se vos gusta (like) ou se non vos gusta (don't like) cada unha das aficións que aparecen nesta unidade.

Ánimo! Seguro que vos sae xenial!! Facede comentarios na entrada se queredes e pedide axuda cando a precisedes. Mañán publicarei as solucións desta semana. 
Unha grande aperta, 

Natalia

TAREFA 3ºEP

Bo día!!!
Hoxe imos empezar a aprender as horas en Inglés. Iremos moi pouco a pouco, e será un contido que se revisará en 4º tamén. Hoxe imos aprender as horas "en punto", que en Inglés se dí "o'clock". Por exemplo:

Son as tres en punto = It's three o'clock.

- Primeiro, hai que visualizar este vídeo


- A continuación, tentamos completar a seguinte ficha (lembrade, non necesitades imprimila, con escribir nun folio ou caderno é suficiente). As oracións deben empezar todas por "It's..." como se fai no vídeo. 
Mañán xoves xa teredes as solucións a todas as actividades da semana. Unha grande aperta a tod@s, 

Natalia

TRABALLO 2º 29-ABRIL-2020

Boas!
Onte colguei as correccións da semana pasada. Mirade a entrada se tendes algunha dúbida.
Hoxe imos facer catro actividades.
Actividade 1: Imos empezar coñecendo vocabulario de  "KEEPING HEALTHY". Hoxe aprendemos 6 palabras novas.
Mirade a foto e escoitade as palabras: Keeping healthy. É mellor escoitalas varias veces para que  vos acordedes mellor.

Actividade 2: Agora imos escoitar a historia de  Ping and Pong (Remember!! Ping is a very clever cat and Pong is a very silly dog).
Antes de escoitar a historia que miren as viñetas e fagan prediccións sobre o que pensan que vai pasar. Despois comprobamos en que acertaron e en que non.
Deixo aquí as viñetas e o listening pero tamén podedes entrar en www.macmillaneducationeverywhere.com e poñer como usuario COVTIGER2 e contrasinal: MACMILLAN2020 para escoitar a historia online. Ping and Pong story

Activity 3: Imos as páxinas 44 e 45 do activity book e facémolas. 

Actividade 4: Agora imos escoitar a canción de keeping healthy. Deixo o enlace o video. Come on everyone! keep healthy! Escoitamos e imos señalando co dedo as fotos.
Por último escoitamos o listening 3 veces e poñemos os números. Listen number and repeat.

O venres é festivo así que a disfrutar dun paseiño e a descansar. O próximo mércores colgarei as solucións e máis actividades!
Moita saúde!
María.

TAREFA 6º E. PRIMARIA

Good morning!

Para hoxe imos facer unha lectura dun lugar moi interesante que está no suroeste de Inglaterra, en Cornwall (Cornualles), onde hai unhas construcións chamadas "biomas" nas que se recrean climas doutros países.


- PUPIL´S BOOK PAGE 50: activity 19
- ACTIVITY BOOK PAGE 49: activity 16

E, se vos animades, podedes facer o "Culture quiz time: England", a ver cantas preguntas acertades sobre Inglaterra, que está nesta mesma páxina do PUPIL´S BOOK e tamén o tedes no ACTIVITY BOOK PAGE 53: activity 29 (o "Culture quiz" non é obrigatorio).

LISTENINGS REMEMBER!!!
Username: COVTIGER6
Password: MACMILLAN2020

Mañá colgarei as correccións.

martes, 28 de abril de 2020

Traballo para 1º martes 28 de abril

Boas!
Onte colguei as correccións da semana pasada. Mirade a entrada se tendes algunha dúbida.
Hoxe imos facer tres actividades.
Actividade 1: Imos empezar coñecendo vocabulario de movemento. Mirade este video para aprender as palabras novas.
How to move












Activity 2: Entrade en www.macmillaneducationeverywhere.com e poñendo o usuario: COVTIGER1 e de contransinal:MACMILLAN2020 mirade a historia de Ping and Pong (Remenber: Ping is a very clever cat and Pong is a very silly dog).

Activity 3: Ide a páxina 44 do activity book e facedea. Soamente a 44.
O xoves máis!
María.

TAREFA 5º E.PRIMARIA

Good morning!

Espero que estedes un pouquiño máis animados/as agora que xa podedes saír a dar un paseo.
Seguimos avanzando na Unidade 6 e imos a repasar e aprender o nome de máis froitas e verduras con estas lecturas do que se da en cada estación en Sudáfrica, polo que faremos:

- PUPIL´S BOOK PAGE 55: activities 4, 5 (answer orally), 6 and 7.
- ACTIVITY BOOK PAGE 55: activities 4 and 5 (colgarei as correccións o xoves).

CORRECCIÓN TRABALLO DE 2º DÍA 24 DE ABRIL.


lunes, 27 de abril de 2020

TAREFA 4ºEP

Boas de novo!! 
Desta vez, propóñovos un "reading" para repasar vocabulario e gramática. O texto está en Presente Simple e en terceira persoa de singular. Deberiades lembrar cando se engade -s ao verbo ou cando, en cambio, necesitamos o auxiliar Do=Does. Podedes empregar o libro e tamén o enlace ao libro dixital para axudarvos a resolver as preguntas. Tamén podedes usar diccionario ou traductor para palabras soltas, ou contactar conmigo no correo tigerocoto@gmail.com. Lembrade poñer que vai dirixido a Natalia.
IMPORTANTE: esta semana colgarei as solucións o xoves, porque o venres non é lectivo.
Ánimo a tod@s!

TAREFA 3ºEP

Ola a todos!
Hoxe imos repasar un pouco as presentacións cun "reading". Algúns de vos xa recibiríades  esta ficha co lote de material, se xa o tedes. Non fai falta imprimir o documento, podedes escribir as respostas nunha libreta ou folio. Xa sabedes que podedes empregar diccionario ou mesmo traductor para buscar palabras soltas. 
IMPORTANTE! Esta semana colgarei as solucións aos exercicios o xoves, pois o venres non é lectivo. Se algún atopa problemas para resolver os exercicios, por favor, contactade conmigo. Lembrade: tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia.

VÍDEO 6º E.P. Cómo pronunciar 'ed' en inglés - Los 3 Sonidos del Pasado

TAREFA 6º E. PRIMARIA

Good morning!

Espero que estedes un pouquiño máis animados/as despois de saír onte a dar un paseo.
Hoxe imos a seguir cos pasados regulares en Inglés; esta vez tócanos a pronunciación de -ed, xa que se pode pronunciar de tres maneiras diferentes:

- /t/ despois de sons sin voz ou consonantes xordas (non vibran as cordas vogais ao pronuncialas)
- /d/ despois de sons con voz ou consonantes sonoras (vibran as cordas vogais ao pronuncialas)
- /id/ despois de -t ou -d

Deixareivos tamén algún vídeo explicativo.
Colgarei nova tarefa o mércores.

Para hoxe faremos:

- PUPIL´S BOOK PAGE 49: activities 15, 16 and 17.
- ACTIVITY BOOK PAGE 48: activities 13, 14 and 15.


Xa sabedes que tedes os audios do Pupil´s Book no enlace:
https://www.macmillaneducationeverywhere.com/
Username: COVTIGER6
Password: MACMILLAN2020

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR (INFANTIL)

Boas! Como estades? Agardo que ben.
Esta semana faremos tres actividades.
Actividade 1: Repsamos as cancións.
Actividade 2: Saludamos o noso caterpillar decinlle Hello Caterpillar! How are you?
Actividade 3: Miramos o video co conto do Caterpillar.



CORRECCIÓN 1º TRABALLO DÍA 23 DE ABRIL