miércoles, 29 de abril de 2020

TRABALLO 2º 29-ABRIL-2020

Boas!
Onte colguei as correccións da semana pasada. Mirade a entrada se tendes algunha dúbida.
Hoxe imos facer catro actividades.
Actividade 1: Imos empezar coñecendo vocabulario de  "KEEPING HEALTHY". Hoxe aprendemos 6 palabras novas.
Mirade a foto e escoitade as palabras: Keeping healthy. É mellor escoitalas varias veces para que  vos acordedes mellor.

Actividade 2: Agora imos escoitar a historia de  Ping and Pong (Remember!! Ping is a very clever cat and Pong is a very silly dog).
Antes de escoitar a historia que miren as viñetas e fagan prediccións sobre o que pensan que vai pasar. Despois comprobamos en que acertaron e en que non.
Deixo aquí as viñetas e o listening pero tamén podedes entrar en www.macmillaneducationeverywhere.com e poñer como usuario COVTIGER2 e contrasinal: MACMILLAN2020 para escoitar a historia online. Ping and Pong story

Activity 3: Imos as páxinas 44 e 45 do activity book e facémolas. 

Actividade 4: Agora imos escoitar a canción de keeping healthy. Deixo o enlace o video. Come on everyone! keep healthy! Escoitamos e imos señalando co dedo as fotos.
Por último escoitamos o listening 3 veces e poñemos os números. Listen number and repeat.

O venres é festivo así que a disfrutar dun paseiño e a descansar. O próximo mércores colgarei as solucións e máis actividades!
Moita saúde!
María.

No hay comentarios:

Publicar un comentario