Bo día!!!
Imos tentar avanzar un pouquiño, pero moi lentamente, de tal forma que eu vos poida axudar se vos xurden dúbidas.
Imos ver cómo se forman oracións cos verbos "love", "like" e "hate" (verbos que nos serven para falar dos nosos gustos) seguidos de verbo, como para dicir "Encántame sacar fotos". O verbo "sacar", que sería sobre o que eu expreso a miña opinión, tería que estar rematado en -ing, e quedaría así = "I love taking photos."
- Ímolo ver explicado dunha forma máis divertida neste vídeo
-Ó final do vídeo proponse un exercicio que NON tedes que facer. En cambio, quero que formedes oracións sobre vós mesmos empregando o vocabulario da unidade 5 (está na páxina 37 do vosos libros), seguindo este exemplo: "I love reading comics". En total, todos debedes ter 10 oracións dicindo se vos encanta (love), se vos gusta (like) ou se non vos gusta (don't like) cada unha das aficións que aparecen nesta unidade.
Ánimo! Seguro que vos sae xenial!! Facede comentarios na entrada se queredes e pedide axuda cando a precisedes. Mañán publicarei as solucións desta semana.
Unha grande aperta,
Unha grande aperta,
Natalia
No hay comentarios:
Publicar un comentario