Bo día!!!
Hoxe imos empezar a aprender as horas en Inglés. Iremos moi pouco a pouco, e será un contido que se revisará en 4º tamén. Hoxe imos aprender as horas "en punto", que en Inglés se dí "o'clock". Por exemplo:
Son as tres en punto = It's three o'clock.
- Primeiro, hai que visualizar este vídeo
- A continuación, tentamos completar a seguinte ficha (lembrade, non necesitades imprimila, con escribir nun folio ou caderno é suficiente). As oracións deben empezar todas por "It's..." como se fai no vídeo.
Mañán xoves xa teredes as solucións a todas as actividades da semana. Unha grande aperta a tod@s,
Natalia
No hay comentarios:
Publicar un comentario