viernes, 22 de mayo de 2020

SOLUCIÓNS TAREFAS 3ºEP (18 - 22 MAIO)

Bo día!!

Déixovos as solucións ás tarefas desta semana. Sei que a algúns a do mércores vos custou un pouco, pero non vos preocupedes, é normal, e cando volvamos á aula revisaremos. Ademáis, da vosa ficha do mércores á que eu puxen había unha diferencia que agora na solución aparece marcada en vermello.

Correxide como facemos na clase, e se hai algo que non entendades, facede un comentario a esta entrada ou escribídeme a tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia.
SOLUCIÓNS LUNS 18/05/2020

SOLUCIÓNS MÉRCORES 20/05/2020

SOLUCIÓNS TAREFAS 4ºEP (18 - 22 MAIO)

Bo día!!!

Déixovos as solucións ás tarefas de toda a semana. Espero que vos saíran ben. Se ó correxir vedes algún erro que non entendedes, escribídeme engadindo comentario a esta entrada, ou ao correo tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia.
SOLUCIÓNS LUNS 18/05/2020

SOLUCIÓNS MÉRCORES 20/05/2020

TRABALLO 2º 22-5-2020

Boas! Hoxe empezamos a unidade 6 que trata sobre Holiday! e imos facer tres actividades.
Actividade 1: Para comezar imos á páxina 61 do Pupil´s Book. e escoitamos as palabras novas, señalamolas no libro e repetimos despois de escoitar.
Listen and repeat
















Actividade 2: A continuación escoitamos a Tiger e imos señalando no libro o que vai dicindo.
Listen to Tiger
Por último ides o final do libro colledes as pegatinas e poñédelas cada unha no seu sitio.
Actividade 3: Imos a páxina 49 do Activity Book e escribimos o lado de cada imaxe o número correspondente, imos mirando polo pupil´s book.
























Xa sabedes que calquera dúbida que teñades podedes escribir a tigerocoto@gmail.com poñendo que vai dirixido a María.

CORRECCIÓN TAREFAS 6º E. PRIMARIA (18-22 maio)



CORRECCIÓN TAREFAS 5º E.P. (18-22 maio)




AVISO IMPORTANTE!!! (5º - 6º E. PRIMARIA)




AVISO IMPORTANTE!!!
(5º - 6º EDUCACIÓN PRIMARIA)

Non hai que enviar todas as tarefas que se mandan, SÓ AS QUE SE PIDEN PARA ENTREGAR, que xa irá especificado na tarefa ou na folla de correccións. O resto das tarefas terán que corrixilas os propios alumnos/as coas correccións que se colgan os venres neste blog, xa que para esta tarefa de autocorrección se lle dedica unha sesión de Inglés á semana.



jueves, 21 de mayo de 2020

TRABALLO 1º 21-5-2020

Boas! Hoxe empezamos a unidade 6 que trata sobre TOYS e imos facer tres actividades.
Actividade 1: Para comezar vemos un video onde nos presentan xoguetes. Aclarar que saen xoguetes distintos os que aparecen no libro.
Toys vocabulary
Actividade 2: Imos á páxina 61 do Pupil´s Book. e escoitamos as palabras novas, señalamolas no libro e repetimos despois de escoitar.
Listen and repeat
A continuación escoitamos a Tiger e imos señalando no libro o que vai dicindo.
Listen to Tiger
























Por último ides o final do libro colledes as pegatinas e poñédelas cada unha no seu sitio.
Actividade 3: Imos a páxina 49 do Activity Book e rodeamos o nome do xoguete que hai en cada imaxe, imos mirando polo pupil´s book.
























Xa sabedes que calquera dúbida que teñades podedes escribir a tigerocoto@gmail.com poñendo que vai dirixido a María.

TAREFA 5º E. PRIMARIA

Good morning again!

Hoxe aprenderemos un pouquiño sobre a cultura de Sudáfrica e veremos como comprar comida nun mercado, para iso iremos á sección "Culture" nas seguintes páxinas:

- PUPIL´S BOOK Page 60: activity 19.
- ACTIVITY BOOK Page 59: activity 16.

- PUPIL´S BOOK Page 61: activities 22 and 23.
- ACTIVITY BOOK Page 59: activity 18.

REMEMBER:

User: COVTIGER5
Password: MACMILLAN2020

*Mañá colgarei as correccións.




miércoles, 20 de mayo de 2020

TAREFA 4ºEP - 20/05/2020

Bo día!

Hoxe imos facer o repaso da unidade 5 do voso Activity Book (páxinas 43 e 44). Para que vos sexa máis sinxelo, como facemos no cole, podedes ler de novo a unidade 5 e ter o Pupil's Book diante para ir mirando por el. Fixádevos que non tedes que facer todos os exercicios. Son só o 23, 24, 26 e 28, e só a parte do enunciado que non aparece riscada.

Por favor, preguntade se tedes dúbidas, ben por aquí facendo comentario a esta entrada, ou ben por correo, escribindo a tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia.

TAREFA 3ºEP - 20/05/2020

Bo día!

Hoxe imos intentar avanzar un pouquiño co libro. Se as últimas fichas das horas non vos resultaron difíciles, isto vai ser pan comido!
Por favor, preguntade se tedes dúbidas, ben por aquí facendo comentario a esta entrada, ou ben por correo, escribindo a tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia.

1º) Abrides o Pupil's Book pola páxina 40, e ledes o cadro de gramática. Despois, se queredes, podedes pedirlle a alguén que intente xogar con vos ao xogo da actividade 8. Xa sabedes como facelo, como na clase, seguindo o exemplo, e adiviñando o personaxe. Non fagades a actividade 9.


2º) A continuación, facedes as actividades da páxina 39 do Activity Book. Todos tedes os libros na casa, así que non teredes problema.
- Na actividade 8, podedes copiar do Pupil's Book para completar as oracións. 
Na actividade 9, facemos preguntas coa primeira hora que nos dan, e todas se responden empezando por "No, I don't." Despois faremos oracións afirmativas coa segunda das horas. Tentade copiar o que fan no exemplo.
- Na actividade 10, tedes que ir mirar ó xogo da páxina 40 do Pupil's Book e ver a que hora fai cada cousa cada neno. Logo poñede as horas correctas.

TRABALLO 2º 20-5-2020

Boas! Hoxe deixo unhas fichas para repasar a unidade 5. Para aqueles que non teñades impresora e queirades facelas mandeinas a Remuiño e tamén o servicio de impresión do Concello. Pero recordade que non é preciso imprimilas podedes facelas de maneira oral e ir escribindo nun papel. Calquera dúbida que teñades escribide a tigerocoto@gmail.com a atención de María. Boas! Hoxe deixo unhas fichas para repasar a unidade 5.

TRABALLO CORREXIDO 2º (11-15 MAIO)



TAREFA 6º E. PRIMARIA

Good morning!

Hoxe toca a canción dos inventos!

- PUPIL´S BOOK Page 79: Song “Inventions, inventions”.
- ACTIVITY BOOK Page 79: activities 1 (read the song, tick and write, in your opinion, in order of importance), 2 and 3.

*O venres colgarei as correccións.




martes, 19 de mayo de 2020

TRABALLO 1º 19-5-2020

Boas! Hoxe deixo unhas fichas para repasar a unidade 5.
Para aqueles que non teñades impresora e queirades facelas mandeinas a Remuiño e tamén o servicio de impresión do Concello. Pero recordade que non é preciso imprimilas podedes facelas de maneira oral e ir escribindo nun papel.
Calquera dúbida que teñades escribide a tigerocoto@gmail.com a atención de María.

TRABALLO CORREXIDO 1º (SEMANA 11-15 MAIO)



TAREFA 5º E. PRIMARIA

Good morning!

Hoxe seguiremos repasando a gramática desta unidade, polo que faremos as seguintes actividades:

- ACTIVITY BOOK Page 100: Grammar presentation and activity 1.
- ACTIVITY BOOK Page 101: activities 2, 3, 4 and 5.

*O xoves colgarei nova tarefa.



lunes, 18 de mayo de 2020

TAREFA 4ºEP - 18/05/2020

Bo día!!! Espero que pasarades un fin de semana estupendo! 

Hoxe é luns, día de repaso. Imos darlle unha volta á unidade 1 deste curso (A New School Year). Podedes lelo un pouco antes de comezar as actividades, ou tamén podedes ir ó libro dixital coas claves que vos facilitei e escoitar a historia, a canción, os textos...

Logo, facede estas dúas fichas de repaso. Non mas tendes que enviar, o venres colgo as solucións. Non é necesario que as imprimades, mirando pola ficha pódense facer as actividades mesmo no caderno de Inglés (que agora xa creo que todos o tedes na casa).

CONSULTADE DÚBIDAS engadindo comentario a esta entrada ou escribindo a  tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia. 

TAREFA 3ºEP - 18/05/2020

Bo día!!! Espero que pasarades un fin de semana estupendo! 

Hoxe é luns, día de repaso. Imos darlle unha volta á unidade 1 deste curso (A Computer for the Club). Podedes lelo un pouco antes de comezar as actividades, ou tamén podedes ir ó libro dixital coas claves que vos facilitei e escoitar a historia, a canción, os textos...

Logo, facede estas dúas fichas de repaso. Non mas tendes que enviar, o venres colgo as solucións. Non é necesario que as imprimades, mirando pola ficha pódense facer as actividades mesmo no caderno de Inglés (que agora xa creo que todos o tedes na casa).

CONSULTADE DÚBIDAS engadindo comentario a esta entrada ou escribindo a  tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia. 

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR (INFANTIL)

Boas!
Deixo tres actividades.
Actividade 1: Hoxe imos empezar repasando as cancións dos números, cores, días da semana e froitas.
Numbers song
Days of the week
Fruit song
Colour song
Actividade 2: Escoitamos a canción do caterpillar.
The very hungry caterpillar song
Actividade 3: Deixo unha ficha para seguir a serie. Mentres van pintando sería bo que fosen repetindo as cores.

TAREFA 6º E. PRIMARIA

Good morning!

Seguimos aprendendo sobre os inventos!

- PUPIL´S BOOK Page 53: activities 29 and 30.
- ACTIVITY BOOK Page 51: activities 23 and 24 (busca un invento diferente dos que aparecen na Unidade 5).

*O mércores colgarei nova tarefa.