miércoles, 20 de mayo de 2020

TAREFA 3ºEP - 20/05/2020

Bo día!

Hoxe imos intentar avanzar un pouquiño co libro. Se as últimas fichas das horas non vos resultaron difíciles, isto vai ser pan comido!
Por favor, preguntade se tedes dúbidas, ben por aquí facendo comentario a esta entrada, ou ben por correo, escribindo a tigerocoto@gmail.com, á atención de Natalia.

1º) Abrides o Pupil's Book pola páxina 40, e ledes o cadro de gramática. Despois, se queredes, podedes pedirlle a alguén que intente xogar con vos ao xogo da actividade 8. Xa sabedes como facelo, como na clase, seguindo o exemplo, e adiviñando o personaxe. Non fagades a actividade 9.


2º) A continuación, facedes as actividades da páxina 39 do Activity Book. Todos tedes os libros na casa, así que non teredes problema.
- Na actividade 8, podedes copiar do Pupil's Book para completar as oracións. 
Na actividade 9, facemos preguntas coa primeira hora que nos dan, e todas se responden empezando por "No, I don't." Despois faremos oracións afirmativas coa segunda das horas. Tentade copiar o que fan no exemplo.
- Na actividade 10, tedes que ir mirar ó xogo da páxina 40 do Pupil's Book e ver a que hora fai cada cousa cada neno. Logo poñede as horas correctas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario