viernes, 8 de mayo de 2020

CORRECCIÓN DE ERROS 5º-6º E.P.

Houbo un erro no nome da dirección de correo electrónico ao que mandar a tarefa, que agora xa está corrixida nas páxinas das correccións.

A dirección correcta é tigerocoto@gmail.com

Desculpade as molestias.

SOLUCIÓN ACTIVIDADES 4ºEP - 07/05/2020

Bo día!

Espero que vos saíran ben as actividades, aquí tedes as solucións ao traballo do xoves. Se queredes, podedes comentar nesta entrada para que eu saiba se o ides entendendo.

Con respecto á ficha de entregar, lembrade que hoxe é o último día. Xa só faltades uns pouquiños.

A próxima semana publicarei coma sempre: traballo luns e mércores, e solucións o venres. Pasade un finde estupendo!

SOLUCIÓNS ACTIVIDADES 3º- 07/05/2020

Bo día!

Déixovos aquí as solucións á ficha das horas, que supoño que vos sairía xenial. Se queredes, podedes deixar os vosos comentarios nesta entrada, para saber como o ides entendendo.

En canto á do martes, lembrade que hoxe é o último día para entregala! Xa só quedades uns pouquiños!

A semana que ven volvo colgar coma sempre: luns e mércores actividades, e o venres solucións. Pasade un bo finde!


TRABALLO 2º 8-5-20

Boas! Hoxe imos facer tres actividades.
Actividade 1: Imos empezar repasando as cancións e videos de vocabulario.
Health problems
I´m feeling ill song
Come on everyone keep healthy!
Actividade 2: Imos a páxina 59 do pupils book e escribimos as palabras de vocabulario, logo escribimos o que fai Pong every day. Por último escoitamos e señalamos a foto correspondente  (exercicio 18)
Se vos animades e tendes con quen podedes practicar os diálogos na casa.
Actividade 3:Imos a páxina 47 do activity book e escribimos o  que lles pasa ou o que fan.
O mércores máis e tamén colgarei as actividades desta semana correxidas para que poidades comprobalas na casa.
Boa fin de semana!

CORRECCIÓNS 6º E.P. (5-8 maio)


CORRECCIÓNS 5º E.P. (5-8 maio)


jueves, 7 de mayo de 2020

TAREFA 4ºEP (7/5/2020)

Bo día!!
Hoxe imos tentar facer os exercicios de gramática, a ver que tal vos atopades e se saen ben. Se non, non vos preocupedes.

Primeiro, ides o Pupil's Book á páxina 40 e ledes o cadro de gramática e o "Tiger Tips". Fixádevos que o tempo no que están os verbos xa o destes, están en Presente Simple, como na unidade 4, que acababamos de dar, o único que cambia é que agora engadimos os "hobbies" despois do verbo (outra vez empregamos o auxiliar "DO", o que nos axudaba a preguntar e a facer negacións, lembrades?). Se na casa se animan, podedes xogar "Guess who!" seguindo o modelo de conversa, xa sabedes como se fai.

A continuación, facedes a páxina 39 do Activity Book. O exercicio 8 podedes copialo do Pupli's Book, e nas actividades 9 e 10 seguide os exemplos, estou segura de que o podedes facer estupendamente tod@s.


Mañán a media mañá colgarei as solucións desta páxina. Das que mandei o martes recibín xa moitas, e están saíndo xenial!!! Noraboa!

TAREFA 3ºEP (7/5/2020)

Bo día!!

Hoxe imos seguir traballando as horas. Imos aprender a dicir "e media". Fixádevos! Podemos preguntar a hora de varias formas.

What time is it? / What's the time?

Son as dúas en punto = It's two o'clock.

Son as dúas e media = It's half past two.

 

Despois de ver o vídeo, podedes facer esta ficha para practicar, só tedes que debuxar a agulla das horas.



Mañá venres teredes a solución desta ficha. Do luns recibín moitas, e están saíndo moi moi ben, noraboa!!!

TRABALLO 1º 7-5-2020

Boas! deixo o traballo para hoxe.
Actividade 1:Imos empezar repasando as cancións da unidade e o video de vocabulario.
 A frog can jump
Can you help me please?
Animals
Actividade 2:Imos a páxina 59 do pupil´s book e unimos. Despois facemos a actividade de listening, tendes que rodear a cariña que corresponde. Recordade que escoitamos tres veces.
Listen, circle and repeat.
Se vos animades cando acabedes podedes facer na casa con algún maior o diálogo.
Actividade 3: Facemos a páxina 47 do activity book. Escribimos o nome do animal e rodeamos que é o que pode facer. Se é posible podedes ir decindo : An elephant can walk, a giraffe can run, a frog can jump...

O martes máis e colgarei as páxinas desta semana correxidas. 
Boa fin de semana!

TAREFA 5º E. PRIMARIA

Good morning!

Hoxe seguimos traballando a historia da Unidade 6 e faremos as seguintes actividades:

- PUPIL´S BOOK pages 56 and 57: read the story "The jetboat and the crocodile".
- ACTIVITY BOOK page 56: activities 8 and 9.

Mañá colgarei as correccións.






miércoles, 6 de mayo de 2020

TAREFA 6º E. PRIMARIA

Good morning!

Despois destes días de descanso volvemos á rutina, e imos facelo repasando o vocabulario e a gramática da Unidade 5 sobre inventos e os verbos en pasado. Para iso faremos:

- ACTIVITY BOOK page 86: Vocabulary, activities 1 and 2.
- ACTIVITY BOOK pages 98 and 99: Grammar, activitires: 1, 2, 3 and 4.

O venres colgarei as correccións.


TRABALLO 2º 6-5-2020

Boas!
Hoxe temos 4 actividades.
Actividade 1: Volvemos a ver a foto e escoitamos as palabras. Keep healthy


Actividade 2: Imos a páxina 58 do libro e completamos as oracións fixándonos no debuxo e seguindo o modelo da primeira. Fixámonos en que cada vez van perdendo máis palabras.
























Actividade 3: Agora imos facer un listening. Recordade que escoitamos tres veces e imos escribindo os números do 2 ao 8.
Listen and number
Actividade 4:Facemos a páxina 46 do activity book.










ACTIVIDADES 2º CORREXIDAS (SEMANA DO 27 DE ABRIL)



martes, 5 de mayo de 2020

TAREFA PARA ENTREGAR 3ºEP

Bo día!!!

Hoxe propóñovos facer esta ficha interactiva que hai que entregar. Desta maneira, pretendo comprobar quen está facendo as tarefas e quen non. Tedes para entregala ata este venres día 8 de maio.
Unha vez que rematedes, dádeslle a "Terminado", e abrirase unha xanela, onde tendes que escoller "enviar mis respuestas a mi profesor".Unha vez que escollades isto, a xanela farase máis grande e aparecerá o seguinte:



É preciso que poñades o voso nome e primeiro apelido, e MOI IMPORTANTE que, cando poñades a que curso pertencedes, o fagades da seguinte maneira - número cardinal e, sen espacio, letra da aula en letra maiúscula. Isto é, 3A, 3B ou 3C. No apartado "Introduce el email o el código clave de tu profesor" tedes que poñer tigerocoto@gmail.com


Things we do every day

TAREFA PARA ENTREGAR 4ºEP

Bo día!!!

Hoxe propóñovos facer esta ficha interactiva que hai que entregarDesta maneira, pretendo comprobar quen está facendo as tarefas e quen non. Tedes para entregala ata este venres día 8 de maio.
Unha vez que rematedes, dádeslle a "Terminado", e abrirase unha xanela, onde tendes que escoller "enviar mis respuestas a mi profesor".Unha vez que escollades isto, a xanela farase máis grande e aparecerá o seguinte:


É preciso que poñades o voso nome e primeiro apelido, e MOI IMPORTANTE que, cando poñades a que curso pertencedes, o fagades da seguinte maneira - número cardinal e, sen espacio, letra da aula en letra maiúscula. Isto é, 4A, 4B ou 4C. No apartado "Introduce el email o el código clave de tu profesor" tedes que poñer tigerocoto@gmail.com


Free time activities

Actividades 1º correxidas.



Traballo para 1º 5-5-2020

Bos días!
Hoxe imos facer catro actividades.
Actividade 1: Vemos o video. How to move
Actividade 2: Imos ao final do noso pupil´s book e collemos os stickers. Logo imos a páxina 58 do noso libro e pegámolas.



















Logo escribimos debaixo o nome de cada animal.
Actividade 3: Facemos o listening. Escoitamolo 3 veces e imos escribindo os números dende o 2 o 8.
Listen, number and stick
Actividade 4: Facemos a páxina 46 do activity book.

TAREFA 5º E. PRIMARIA

Good morning!

Comezamos semana e imos facer unha lectura onde aprenderemos un pouco máis sobre Sudáfrica (Victoria Falls "moonbow"):

- PUPIL´S BOOK pages 56 and 57: activities 8 (Story: "The jetboat and the crocodile"), 9 and 10 (answer orally).

- ACTIVITY BOOK page 56: activity 7.


User: COVTIGER5
Password: MACMILLAN2020


Colgarei nova tarefa o xoves.

lunes, 4 de mayo de 2020

The very hungry caterpillar (INFANTIL)

Boas! Hoxe deixovos 3 actividades.
Actividade 1: Saudamos o noso caterpillar decindo Hello caterpillar!
Miramos a historia outra vez.
The very hungry caterpillar story
Actividade 2: Escoitamos a canción do conto. Se podemos facemos xestos (uns corniños para facer de caterpillar, tocar a barriga para decir que teño fame...)
The very hungy caterpillar song
Actividade 3: Facemos unha pequena ficha. The very hungry caterpillar worksheet