jueves, 7 de mayo de 2020

TAREFA 4ºEP (7/5/2020)

Bo día!!
Hoxe imos tentar facer os exercicios de gramática, a ver que tal vos atopades e se saen ben. Se non, non vos preocupedes.

Primeiro, ides o Pupil's Book á páxina 40 e ledes o cadro de gramática e o "Tiger Tips". Fixádevos que o tempo no que están os verbos xa o destes, están en Presente Simple, como na unidade 4, que acababamos de dar, o único que cambia é que agora engadimos os "hobbies" despois do verbo (outra vez empregamos o auxiliar "DO", o que nos axudaba a preguntar e a facer negacións, lembrades?). Se na casa se animan, podedes xogar "Guess who!" seguindo o modelo de conversa, xa sabedes como se fai.

A continuación, facedes a páxina 39 do Activity Book. O exercicio 8 podedes copialo do Pupli's Book, e nas actividades 9 e 10 seguide os exemplos, estou segura de que o podedes facer estupendamente tod@s.


Mañán a media mañá colgarei as solucións desta páxina. Das que mandei o martes recibín xa moitas, e están saíndo xenial!!! Noraboa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario