viernes, 15 de mayo de 2020

XOGO DA FAMILIA 3º E 4ºEP - 15/05/2020

Bo día!!
Como hoxe é o día da familia, déixovos un enlace para que, xogando, repasedes un pouquiño o vocabulario relacionado con ela, que todos coñecedes de hai cursos. Tedes unha icona na esquina dereita superior para poñelo a páxina completa. As palabras que debedes buscar están á esquerda.

PREMEDE "OK" E EMPEZADE A XOGAR!

SOLUCIÓNS 3ºEP- ficha 13/05/2020

Bo día!

Déixovos as solucións á ficha do mércores, que espero que non vos resultase moi difícil. 
Pasade un finde estupendo!

HAPPY FAMILY DAY!!

Hoxe, día 15 de maio, celébrase o Día Internacional da Familia, ese grande tesouro que tod@s temos! Porque familias hai de moitos tipos, pero cadaquén sabe cal é a súa, ese recuncho do mundo onde temos o noso lugar e onde se nos quere e coida incondicionalmente. Para celebralo, aquí vos deixamos este vídeo que tod@s podedes ver e desfrutar... mirádeo ata o final, porque o que se anime pode lelo coa música de fondo.

The Family Book (Todd Parr)- read by Sherry

CORRECCIÓNS 6º E. PRIMARIA (11-15 maio)






CORRECCIÓNS 5º E. PRIMARIA (11-15 maio)



TAREFA PARA ENTREGAR 2º 15-2-2020

Bo día!!!

Hoxe propóñovos facer esta ficha interactiva que hai que entregarDesta maneira, pretendo comprobar quen está facendo as tarefas e quen non. Tedes para entregala ata xoves 21 de maio.
Unha vez que rematedes, dádeslle a "Terminado", e abrirase unha xanela, onde tendes que escoller "enviar mis respuestas a mi profesor".Unha vez que escollades isto, a xanela farase máis grande e aparecerá o seguinte:


É preciso que poñades o voso nome e primeiro apelido, e MOI IMPORTANTE que, cando poñades a que curso pertencedes, o fagades da seguinte maneira - número cardinal e, sen espacio, letra da aula en letra maiúscula. Isto é, 2A, 2B ou 2C. No apartado "Introduce el email o el código clave de tu profesor" tedes que poñer tigerocoto@gmail.com.

What-s the matter?


Keep healthy

jueves, 14 de mayo de 2020

TAREFA PARA ENTREGAR 1º 14-5-2020

Bo día!!!

Hoxe propóñovos facer esta ficha interactiva que hai que entregarDesta maneira, pretendo comprobar quen está facendo as tarefas e quen non. Tedes para entregala ata mércores 20 de maio.
Unha vez que rematedes, dádeslle a "Terminado", e abrirase unha xanela, onde tendes que escoller "enviar mis respuestas a mi profesor".Unha vez que escollades isto, a xanela farase máis grande e aparecerá o seguinte:


É preciso que poñades o voso nome e primeiro apelido, e MOI IMPORTANTE que, cando poñades a que curso pertencedes, o fagades da seguinte maneira - número cardinal e, sen espacio, letra da aula en letra maiúscula. Isto é, 1A, 1B ou 1C. No apartado "Introduce el email o el código clave de tu profesor" tedes que poñer tigerocoto@gmail.com.

Actions


Wild animals

TAREFA 5º E. PRIMARIA

Good morning!

Hoxe seguiremos repasando a expresión "THERE IS/THERE ARE", polo que faremos as seguintes actividades:

-PUPIL´S BOOK Page 58: activity 13 (Grammar review).
-ACTIVITY BOOK Page 58: activities 14 and 15.

Mañá colgarei as correccións.



miércoles, 13 de mayo de 2020

TAREFA 4ºEP - 13/05/2020

Bo día!!

Hoxe imos traballar un pouco co libro. En primeiro lugar, veremos o vídeo da unidade 5, onde os rapaces do "Tiger Street Club" visitan un museo de ciencias. Como fan sempre, despois escribirán un artigo para o "Tiger Team Magazine".

A continuación, na páxina 43 do Pupil´s Book (coido que xa todos o tendes na casa, se non empregade o acceso ao libro dixital) imos ler e escoitar o artigo que escriben. Podedes escoitalo dende o libro dixital ou premendo no seguinte enlace.


Cando rematedes, tentade lelo en voz alta e que se pareza o máximo posible ao que escoitades, lembrade que na clase sempre lemos estes textos e cada vez o facedes mellor. 
O venres non vou colgar solucións para 4º porque estes días non mandei ficha escrita, pero seguro que hai entrada para vos... non esquezades mirar...

TAREFA 3ºEP - 13/05/2020

Bo día!!! 

HOXE FACEMOS 3 COUSAS: ACTIVIDADE ONLINE, EXPLICACIÓN E FICHA.
O venres poño as solucións.

Imos repasar o vocabulario novo cunha actividade online moi curtiña. 


Agora seguimos avanzando un pouco coas horas, e a forma en que comunicamos a que hora facemos cada cousa. Para facer isto, necesitamos a preposición "at"

Eu levántome ás 8 en punto = get up at eight o'clock.

É por iso que aparece a palabra "at" en todas as frases da seguinte ficha. Nela tendes que colocar o vocabulario que se vos dá e debuxar as agullas do reloxo coas horas que marca cada oración. 

TRABALLO 2º 13-5-2020

Boas! Hoxe deixo tres actividades.
Actividade 1: Vemos o video da páxina 60 do pupil´s book.
Podedes ver o vídeo todas as veces que queirades.
Actividade 2: Agora imos facer un listening e escribir 1-2-3 ao lado de brush my teeth, eat well e do exercise. Deixo o listening: Listen and number 
Logo debuxamos algo que fagamos nós e escribimos.
























Actividade 3: Agora imos o activity book e facemos a páxina 48. Escribimos o nome das partes do corpo e logo poñemos o número de cada debuxo no sitio que lle corresponde.























O venres máis!

TRABALLO 2º CORREXIDO (SEMANA 4-8 DE MAIO)





TAREFA 6º E. PRIMARIA

Good morning!

Sabedes quen inventou a televisión? Hoxe aprenderemos quen inventou este aparello tan xenial que todos temos nas nosas casas e usamos a diario, polo que faremos as seguintes actividades:

-PUPIL´S BOOK Page 52: activities 25, 26, 27 and 28.
-ACTIVITY BOOK Page 50: activities 19, 20 and 22.
-ACTIVITY BOOK Page 53: activity 30.

O venres colgarei as correccións.






martes, 12 de mayo de 2020

TRABALLO 1º 12-5-2020

Boas! Hoxe deixo tres actividades.
Actividade 1: Hoxe imos empezar na páxina 60 do pupil´s book vendo un video.
Podedes ver o video e cantar e bailar a canción cantas veces queirades.
Actividade 2: Agora imos escoitar e poñer números (1-2-3) ao lado de frog, snake or mouse.
Deixo aquí o listening: Listen and number
Por último hai que debuxar o animal favorito.
Actividade 3: Imos o activity book a páxina 48 e facemola. Escribimos o nome dos animais, repasamos e pintamos.
O xoves máis!

TRABALLO 1º CORREXIDO (semana 4-8 de maio)




TAREFA 5º E. PRIMARIA

Good morning!

Hoxe faremos a parte de gramática da Unidade 6, onde repasaremos a expresión "THERE IS/THERE ARE", que xa estudastes o curso pasado, polo que faremos as seguintes actividades:

PUPIL´S BOOK Page 58: activities 11, 12, 13 and 14.
ACTIVITY BOOK Page 57: activities 10, 11 and 12.

REMEMBER:

User: COVTIGER5
Password: MACMILLAN2020

O xoves colgarei nova tarefa.

Aquí vos deixo uns vídeos explicativos:










lunes, 11 de mayo de 2020

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR (INFANTIL)

Boas! Hoxe deixamos tres actividades.
Actividade 1: Escoitamos o conto pero esta vez con marionetas. The very hungry caterpillar puppet show.
Actividade 2: Escoitamos as cancións.
The very hungry caterpillar song
Numbers song
Days of the week song
Fruit song
Colours song
Actividade 3: Hoxe imos contar nós a historia. Para iso podedes coller pedriñas e pintar ao caterpillar e as froitas. Deixo unhas imaxes por se queredes imprimir, recortar e pegar.

O próximo luns máis!

TAREFA REPASO 4ºEP

Bo día!

A partires de agora, os luns ímolos dedicar ao repaso, e os mércores faremos actividades para avanzar cousas moi sinxelas, ou practicar un pouco as destrezas que é posible por este medio: listening, reading ou writing. Os venres seguirei colgando as solucións.

Así, nesta ocasión, @s de cuarto ides facer unha revisión da descrición física das persoas, que demos na unidade 2: "Describing people". Para iso debedes emparellar (arrastrando) descrición e individuo no seguinte xogo. Non hai que entregar nada, só facelo ata que salga.

Para calquera dúbida ou apuntamento que queirades facerme, xa sabedes, escribídeme a tigerocoto@gmail.com, poñendo no asunto "Para Natalia"

TAREFA REPASO 3ºEP

Bo día!!!

A partires de agora, os luns ímolos dedicar ao repaso, e os mércores, ou ben a avanzar cousiñas moi sinxelas, ou a practicar as destrezas de listening, reading e writing (o speaking é un pouco máis complicado de practicar neste momento). Así, desta vez propóñovos esta actividade interactiva coa que revisaremos o vocabulario da  unidade 2: "Animal World". Non ma tendes que enviar, só facela, e podedes repetir as veces que queirades, porque en cada partida as pezas están en lugares diferentes. Espero que estas actividades vos resulten divertidas.

Para as consultas que necesitedes, contactade conmigo no correo tigerocoto@gmail.com. Xa sabedes, poñede no asunto que está dirixido a Natalia.

TAREFA 6º E. PRIMARIA

Good morning!

Para hoxe imos facer as seguintes actividades:

- PUPIL´S BOOK Page 51: "Everyday chit-chat", activities 22 and 23.
- ACTIVITY BOOK Page 49: activity 18.
- ACTIVITY BOOK Page 52: activity 27.
- ACTIVITY BOOK Page 53: activity 28.

REMEMBER!!!

User: COVTIGER6
Password: MACMILLAN2020

O mércores colgarei nova tarefa.