Bo día!
A partires de agora, os luns ímolos dedicar ao repaso, e os mércores faremos actividades para avanzar cousas moi sinxelas, ou practicar un pouco as destrezas que é posible por este medio: listening, reading ou writing. Os venres seguirei colgando as solucións.
Así, nesta ocasión, @s de cuarto ides facer unha revisión da descrición física das persoas, que demos na unidade 2: "Describing people". Para iso debedes emparellar (arrastrando) descrición e individuo no seguinte xogo. Non hai que entregar nada, só facelo ata que salga.
Para calquera dúbida ou apuntamento que queirades facerme, xa sabedes, escribídeme a tigerocoto@gmail.com, poñendo no asunto "Para Natalia"
No hay comentarios:
Publicar un comentario