Bo día!!!
HOXE FACEMOS 3 COUSAS: ACTIVIDADE ONLINE, EXPLICACIÓN E FICHA.
O venres poño as solucións.
Imos repasar o vocabulario novo cunha actividade online moi curtiña.
Agora seguimos avanzando un pouco coas horas, e a forma en que comunicamos a que hora facemos cada cousa. Para facer isto, necesitamos a preposición "at"
Eu levántome ás 8 en punto = I get up at eight o'clock.
É por iso que aparece a palabra "at" en todas as frases da seguinte ficha. Nela tendes que colocar o vocabulario que se vos dá e debuxar as agullas do reloxo coas horas que marca cada oración.
A min a actividade online non me sae.
ResponderEliminarPista: hai dúas imaxes en "go to school" e dúas en "do homework". Ao finalizar, dádelle ao recadriño azul da parte inferior dereita do xogo para comprobar se o fixestes ben.
Eliminar