miércoles, 13 de mayo de 2020

TAREFA 4ºEP - 13/05/2020

Bo día!!

Hoxe imos traballar un pouco co libro. En primeiro lugar, veremos o vídeo da unidade 5, onde os rapaces do "Tiger Street Club" visitan un museo de ciencias. Como fan sempre, despois escribirán un artigo para o "Tiger Team Magazine".

A continuación, na páxina 43 do Pupil´s Book (coido que xa todos o tendes na casa, se non empregade o acceso ao libro dixital) imos ler e escoitar o artigo que escriben. Podedes escoitalo dende o libro dixital ou premendo no seguinte enlace.


Cando rematedes, tentade lelo en voz alta e que se pareza o máximo posible ao que escoitades, lembrade que na clase sempre lemos estes textos e cada vez o facedes mellor. 
O venres non vou colgar solucións para 4º porque estes días non mandei ficha escrita, pero seguro que hai entrada para vos... non esquezades mirar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario