Boas a todos!!!
Imos empezar a traballar un pouquiño o vocabulario da unidade 5. Aconséllovos de novo que empreguedes o libro dixital e as credenciais que publiquei no blog o 27 de marzo e que vos enviei por mensaxe en Abalar o luns.
- Primeiro, deben ler e escoitar (se empregan o libro dixital) os audios da introducción (listen, read and look), e a canción do exercicio 1 (Tiger Street Word Rap) da páxina 37 do Pupils Book.
- Despois, deben facer os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 37 do Activity Book. Para facer o exercicio 2, necesitan escoitar o audio que podedes ver debaixo da páxina do Activity Book.
IMPORTANTE: a partires de agora, non enviedes o traballo. Vou colgar as solucións os venres para que sexa o alumnado quen vaia correxindo. Non é necesario imprimir o traballo, poden ir facéndoo en folios ou nun caderno.
Un saúdo, moito ánimo!
Un saúdo, moito ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario