Bo día!
Hoxe imos traballar a historia da unidade 5. Está nas páxinas 38 e 39 do Pupil's Book.
Para escoitala, poden usar o libro dixital, ou ben premer no enlace que deixo a continuación (se non funciona, por favor, facede un comentario na mesma entrada):
CLICK AQUÍ: A GREAT INVENTION
Despois de escoitala varias veces, deben lela en voz alta e facer as actividades 4 e 5 da páxina 38 do Activity Book (a actividade 5 faise sen audio, a opción de escoita é para a súa corrección). Para os que non teñan o libro na casa, deixo aquí a páxina a traballar. Non hai que escaneala nin imprimila, con ir escribindo as solucións nunha folla é suficiente. Non enviedes o traballo feito ao correo, o venres colgarei as solucións.
Un saúdo, moito ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario