lunes, 25 de mayo de 2020

TAREFA 3ºEP - 25/05/2020

Bo día!!

Esta semana revisaremos a unidade 2 deste curso "Animal World", da que xa propuxera unha actividade interactiva hai algunhas semanas. Para facelo, debedes volver mirar esa unidade no voso libro (ou ben no libro dixital), e logo completar as seguintes fichas, que non tedes que entregar. Tampouco é necesario que as fotocopiedes, podedes mirar por aquí e ir completando nunha folla aparte. As solucións publicareinas o venres. 

Lembrade que se tendes calquera dúbida, podedes facer comentarios nesta entrada o escribir a tigerocoto@gmail.com, á atencion de Natalia.


Estade moi atentos á proposta de traballo do mércores 27, porque esa si será para entregar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario