miércoles, 27 de mayo de 2020

TAREFA 4ºEP PARA ENTREGAR - 27/05/2020

Bo día!

Como xa vos adiantaba o luns, o traballo de hoxe será para entregar. Consiste en dúas revisións do que xa tedes repasado durante estas dúas últimas semanas, e unha de reforzo do que acabamos de aprender. 

Unha vez que rematedes, dádeslle a "Terminado", e abrirase unha xanela, onde tendes que escoller "enviar mis respuestas a mi profesor".Unha vez que escollades isto, a xanela farase máis grande e aparecerá o seguinte:



É preciso que poñades o voso nome e primeiro apelido, e MOI IMPORTANTE que, cando poñades a que curso pertencedes, o fagades da seguinte maneira - número cardinal e, sen espacio, letra da aula en letra maiúscula. Isto é, 4A, 4B ou 4C. No apartado "Introduce el email o el código clave de tu profesor" tedes que poñer tigerocoto@gmail.com

Tedes  esta semana e a que ven, ata o venres 5 de xuño para facer todas as entregas. Pero xa sabedes: canto antes, mellor!


Desta vez, en lugar de ver a páxina, déixovos os enlaces, para non ocupar todo o blog. Premede neles e xa vos leva as actividades. Despois, é como da outra vez.

FICHA 1: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&t=aqkdcl3t9g&is=y&l=vm&i=xsfcnz&r=ev

FICHA 2: https://es.liveworksheets.com/gh676007au


FICHA 3: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&t=aqkdcl3t9g&is=y&l=vc&i=fnoon&r=vk

2 comentarios:

  1. Boas. As fichas 1 e 3 non deixa comprobar as respostas nin enviar as respostas o meu profesor e tampouco deixa poñer o email.
    Deben estar mal os enlaces. Nos usamos estes:
    Ficha 1: https://es.liveworksheets.com/worksheets/en/English_as_a_Second_Language_(ESL)/School_subjects/Revision_Unit_1_vm675490ev
    Ficha 3: https://es.liveworksheets.com/worksheets/en/English_as_a_Second_Language_(ESL)/Free_Time_activities/Unit_5_-_Things_we_like_doing_GRAMMAR_vc59889vk
    Natalia. ¿Chegáronche as fichas de Naim?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola!! Chegaron, sí. De feito a 1 e a 3 chegaron 2 veces cada unha. Hai algunha familia que me comunicou que despois de entregar unha, xa non facía falta poñer de novo os datos do profe. Un saúdo!

      Eliminar